jueves, 9 de diciembre de 2021

(Sen título)

Cabo do mundo,

onde creban as ondas de ámbar

e deixan tatuaxe cavernaria


no Hoxe.


Estiven alí esta mañá,

hai sesenta anos,

unha pícara que aínda andaba collida da man,

horizontes consortes en praias alleas,

todas marelas e cansas,

todas bicadas e mutiladas

polo Sol e polo Nós,

polo Mañá e polo Intre.


Cabo do mundo,

onde creban pescozos

e tosen ámbar


en se retornar ao mar.